RSS: Escrits | Comentaris

A xustiza española é incapaz de exercer de árbitro

0 comments

‘A xustiza española é incapaz de exercer de árbitro’

A Nosa Terra, nº 1258 del 1 al 7 de Març de 2007

“Á marxe do sentido da sentenza do Tribunal Constitucional sobre o Estatut catalán hai que prepararse para un proceso soberanista”. É unha afirmación de Jaume Renyer, profe- sor de Dereito Administrativo da Universidade Rovira i Virgili e presidente do Fòrum Ca- talà pel Dret a l’Autoderminació. Como ex membro do Consello Consultivo da Generali- tat de Cataluña (do 2000 ao 2004) coñece os límites do marco constitucional español.

‘Malia que hai un novo Estatut tamén hai unha percepción social de retroceso da autonomía catalana”

Que lle parece a recusación do maxistrado Pérez Tremps do Tribunal Constitucional (TC) por analizar os recursos contra o Estatut Catalán?

Primeiro, non ten precedentes. Segundo, os argumentos nos que se basea a incompatibilidade son arbitrarios, dado que fan referen- cia a uns traballos profesionais previstos na tramitación do Esta- tut. Polo tanto, constitúen moito máis “causa de incompatibilida- de” as manifestacións realizadas polo maxistrado García Calvo, sendo xa membro do TC, que mostraban unha animadversión evidente contra os contidos do proxecto estatutario catalán. En

cambio, a recusación deste maxis- trado foi desestimada. Estes feitos enmárcanse nun fenómeno máis amplo, como é a persistente acti- tude de boa parte da xudicatura española –que parece actuar se- guindo un impulso político– que prioriza unha determinada con- cepción da unidade do Estado.

Hai quen ve en todos estes episodios da xudicatura unha estratexia orquestrada do PP. É esaxerado?

Penso que asistimos a un fe- nómeno ben máis amplo, como é a emerxencia dun nacionalismo español excluinte de calquera ou- tra forma de convivencia plurina- cional. Dase tamén na cúpula empresarial, como se viu no bloqueo de Joan Rossell na presidencia da CEOE, na actitude diante da OPA de Endesa por Gas Natural ou na xerarquía da Igrexa católica, que deslexitimou reiteradamente os outros nacionalismos diferentes do español e outorgoulle só a este último un valor moral. Polo tanto, o PP é a expresión política deste estado de opinión actual, que ten uns antecedentes culturais e his- tóricos moi profundos na mentali- dade española, e que se deixa ver tamén nas declaracións de desta- cados membros do poder xudi- cial, que opinan sobre cuestións políticas.

¿Esta politización da xudi-

catura desdebuxou a separa- ción entre o poder xudicial e o resto dos poderes políticos?

Hai unha confusión de papeis entre o poder xudicial e os outros poderes do Estado, como se pudo comprobar na tramitación da lei de partidos e que continuou cunha serie de declaracións de represen- tantes do Consello Xeral do Poder Xudicial en temas estritamente políticos, arredor do Estatut cata- lán. Este intervencionismo vai en detrimento do papel arbitral do poder xudicial, o papel que, por exemplo, soubo representar o Tri- bunal Supremo do Canadá, que foi crucial para canalizar por vías estritamente democráticas o con- flito entre o Quebec e o resto da federación. É inimaxinábel que este papel o poida desenvolver o TC, chegado o caso de que o País Vasco ou Catalunya formulen un proceso cara a soberanía.

¿Que repercusión teñen pa- ra o propio TC estes episodios de crise?

Poden comportar a perda de autoridade moral dun organismo que ten unha función arbitral nos conflitos entre o estado e as co- munidades autónomas, nos cales as súas decisións son determi- nantes para a configuración, nun sentido ou noutro, da arquitectura constitucional do Estado. Noutros Estados, como Israel, os Estados Unidos ou Alemaña, os xuíces dos tribunais supremos tamén son nomeados a proposta dos parti- dos, mais unha

vez no exercicio do seu cargo actú- an con lealdade á institución á que pertencen, apar- tándose a cotío do criterio do partido que os propuxo.

¿Como pode repercutir toda esta crise na po- lítica catalá?

Un pronuncia- mento do TC re- cortando aínda máis o Estatut actual sería grave, porque non hai precedentes dun- ha sentenza sobre un texto xa aprobado en referendo. Unha de- cisión así comportaría o agravan- te de desautorizar a vontade po- pular. En segundo lugar, a inter- pretación política dun pronuncia- mento destas características sería a de que está a poñer o punto final ao proceso de reivindicación na- cional catalán.

Sería un peche en falso?

Dependería da reacción das forzas políticas catalás. A resposta non debería ser a dunha reforma da Constitución para facer posíbel o novo Estatut. É unha vía conde- nada ao fracaso. Cabe formular a vía cara a soberanía. Polo tanto, cabe presentar un conflito xurídico e político co Estado español, que se ha de preparar desde agora, non condicionado a un pronunciamen- to restritivo do TC. Porque, ¿que pasa se o Tribunal deixa o Estatut como está? ¿Non formularemos de aquí a un tempo a cuestión da soberanía? Estase a demostrar que o Estatut actual non é unha garan- tía do incremento competencial e financeiro da Generalitat. Xa o mesmo goberno actual do PSOE, a través do recurso de inconstitu- cionalidade contra o CAC, ou aprobando a lei da dependencia, ou o decreto de ensino que amplía as horas de castelán, acota o ámbi-

to competencial da Generalitat dunha maneira tan restritiva que camiña cara a equiparación co res- to das comunidades autónomas. Malia que hai un novo Estatut ta- mén hai unha percepción social de retroceso da autonomía catalana. Este episodio anticipou varios anos un debate político que máis tarde ou máis cedo se tiña que dar na sociedade catalá, cal é a com- probación dos niveis insuficientes do Estatut aprobado. Isto obrigará, moito antes do previsto –unha xe- ración– a decidir que grao de po- der imos ter como país.

Se o Estatut naufraga no TC, o presidente Montilla fala dun plano B; Artur Mas de recupe- rar o Estatut do 30 de setembro e Carod-Rovira de iniciar un proceso cara a soberanía.

Descoñezo o plano B e non comparto o retorno ás posicións do 30 de setembro do 2005, se- nón que, como dicía antes, cabe preparar a formulación dun de- bate político pola soberanía. Á marxe do sentido da sentenza do TC, hai que prepararse para un proceso soberanista.

E non é máis pragmático voltar ao consenso logrado po- lo Parlamento catalán o 30 de setembro de 2005?

Pero é que iso querería dicir que o Parlamento de Catalunya ten que volver encetar o proceso de redacción dun novo Estatut. Non paga a pena limitarse ao ho- rizonte do 30 de setembro. Paga

apenairmáisa fondo e preparar mentalmente o noso pobo, pro- curando o con- senso social e as complicidades políticas, para elaborar unha fórmula seme- llante á de Esco- cia, o Quebec ou Flandres, onde se configuran unhas maiorías sociais que apoian o proxecto dun estado propio.

E aquí, coa actual composi- ción política e social, e posíbel iso? Sempre, o nucleo promotor parte dunha situación minorita- ria. Polo tanto, a primeira condi- ción é que haxa un partido, coa- lición ou forza social que teña vontade e capacidade de liderar un proxecto destas caracterís- ticas, e que comporta un proceso de anos. Arestora este nucleo non está configurado. Hai tres partidos teoricamente favorábeis á autodeterminación: CiU, ERC e ICV. Mais é obvio que non es- tán en condicións de iniciar unha estratexia semellante.

ERC defínese como inde- pendentista e participa no Go- berno da Generalitat de Cata- lunya. É compatíbel?

Hai unha diferencia de fun- cións entre partido e goberno. Co- mo militante de Esquerra, perso- nalmente, penso que ha ser com- patíbel cumprir os compromisos como socios de goberno con poñer o partido a traballar, xa desde ago- ra, nunha estratexia de acumula- ción de forzas para formular a me- dio prazo un proceso cara a sobe- ranía. Pero a min, o nucleo do tra- ballo político dun partido indepen- dentista está en centrar o seu dis- curso no dereito a decidir.


Leave a Reply